Os riscos do gas radón

scale

Temos un problema de saúde pública do que se fala moito menos do que se deberá e que se chama gas radón, a segunda causa de cancro de pulmón tras o tabaco.

O recente aparecimento de casos de cancro na Universidade da Coruña e a súa eventual relación co gas radón volta a pór de manifesto que as administracións públicas deben tomar este problema moi a serio e deben articular medidas efectivas que garantan a saúde de todas e de todos.

A OMS chamou a atención sobre os riscos do gas radón nun informe publicado xa en 1979. En 1988 a Axencia Internacional para a investigación do Cancro clasificouno como un carcinóxeno humano. Desde ese momento comezaron a se realizar investigacións sobre a presenza do gas nos distintos territorios. As pesquisas determinaron que Galiza, na Península, estaba singularmente afectada, pola alta presenza de granito nos nasos solos. O granito, ao ser poroso, permite a filtración do gas e a súa irradiación no meio ambiente e no interior de vivendas e edificios.

De acordo coas fontes consultadas, non existe ningunha prescrición legal especificamente relativa ao gas radón que  vaia na dirección de garantir a saúde humana nos inmóbeis. Si unha alusión inconcreta no Código Técnico da Edificación, unha norma de ámbito estatal. Na Galiza haberia que lexislar, e facelo xa, sobre este asunto.

No caso concreto da Universidade da Coruña, esta institución acaba de recoñecer que se teñen detectado níveis excesivos de gas radón nalgunhas dependencias da faculdade de socioloxía que terían a ver cos usos industrias do terreo sobre o que se ergueu o edificio. O preocupante aqui é que o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da UDC si tiña desde 2004 un plano de prevención de medición dos niveis deste gas. Mais no que atinxe aos centros do campus de Elviña non se fixo nada até este mesmo ano. Seria ben que a investigación realizada pola UDC resultase tamén na depuración de responsabilidades.

Marzo 2016

Fonte: Sermos Galiza

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s